Saltar al contenido
image_slider
image_slider2
previous arrow
next arrow

Adrián Morgade

Naceu en Pontevedra en 1990. Estudou na escola de arte da Coruña e realizou diversos cursos de ilustración. Medrou nunha época en que foron moi populares sagas e personaxes da animación e do cine que aínda perviven na actualidade: «Os cazafantasmas», «Gremlins», «Tartarugas Ninja», «Parque Xurásico» etc. Toda esa amálgama de monstros e heroes quedou fixada nas súas retinas e axudoulle a darlles forma ás súas historias. En Xerais, é autor das bandas deseñadas «Xinfu na maldición guauchuky» (2017) e «Xinfu. Múxel Attacks» (2022). Tamén deseñou e ilustrou as biografías musicais «Los Suaves. Mi casa es el rock ‘n’ roll» (2014) e «Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba» (2018). Actualmente traballa en varios proxectos de ilustración.

xinfu

«O superheroe que Pontevedra necesitaba» Diario de Pontevedra

Descubre as aventuras de Xinfu e Wini, dous canciños que levan unha vida tranquila ata que atopan un extraño óso enterrado no seu xardín. Acción e fantasía protagonizada por estes dous superheroes peludos.

XINFU

na maldición guauchuky

Xinfu e Wini levan unha vida tranquila na casa do seu dono, mais todo cambia cando Wini atopa un óso enterrado no seu xardín. O anaco de óso en cuestión semella ter algo moi especial que fará que os nosos protagonistas viaxen a outro mundo, embarcándose nunha aventura máxica e chea de acción.

Xinfu: Na Maldición Guauchuky

XINFU

Múxel Attacks 

Un exército baixo a auga? É que se volveu tolo o autor? Xinfu e Wini regresan, desta vez coa responsabilidade de salvar a súa cidade dunha misteriosa ameaza. Coma se dunha lenda da antiga China se tratase, esta nova aventura conta tamén a viaxe do heroe e as consecuencias que debe afrontar cando protexe os demais.

Xinfu: Múxel Attacks

servicios de ilustración

sigueme en:

adrian@adrianmorgade.com